lunes, 31 de marzo de 2008

Córtanlle a luz a un edificio da constructora Marbar en A Cañiza

A ver se de esta alguén nos fai caso.

Moi ben comezaron os do Edificio Centro reivindicando o seu dereito a ter luz, sobre todo aqueles que están escriturados e pagan as súas hipotecas.
Se cadra, a empresa Unión Fenosa move os fíos que poida para dar luz a estes pobres veciños, que reunión tras reunión, non conseguiron atopar nada en claro.
E tamén terá que botar man dos "enchufes" o señor alcalde, que para desmentir dase presa pero para axudar... aínda non se sabe nada de él.
Esperemos que estes veciños se reúnan co alcalde para ver se lles pode axudar a ter luz para salvagardar a integridade do edificio.
Ánimo rapaces, que quen non chora non mama; e sen loitar non se consigue nada.

No hay comentarios: